Espectáculo “Picasso. A ollada nas mans”
“Picasso. A ollada nas mans” é un espectáculo de creación colectiva dirixido pola actriz, directora, bailarina e coreógrafa Carlota Pérez e producido pola Fundación Emalcsa e a Concellería de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña co fin de fomentar o teatro e a danza inclusivo-profesional. O espectáculo xira en torno ás etapas artísticas máis salientables de Pablo Picasso e utiliza unha linguaxe escénica onde se mesturan danza contemporánea, teatro, novo circo, audiovisuais e música en directo. Para levar a cabo isto, a compañía oferta dúas proposta de formato: por un lado, unha obra de 65 persoas en escena, na que colabora a banda municipal de música de A Coruña, e, por outra, unha obra sen banda, máis doada para realizar mantendo toda a súa esencia e contido naqueles teatros que non dispoñan de espazo mínimo necesario para poder montar o espectáculo na súa proposta máis completa.
- Entidade:Experimentadanza
- Categorías:
- Compartir: