Experimentadanza
Experimentadanza é unha compañía de teatro e inclusión social formada no ano 2009 da man da coreógrafa, historiadora da arte e xestora cultural Carlota Pérez co apoio da Concellería de Servizos Sociais da Coruña. A filosofía do proxecto consiste en crear unha interconexión entre todos e todas os/as alumnos/as, a través do traballo artístico, potenciando as capacidades creaticas de cada un/ha deles/as. Nas súas composicións non hai guión, tan só se traballa coa idea da Torre de Babel como motor. O fío narrativo acompáñase sempre de diferentes disciplinas artísticas que potencian o talento de cada persoa. O proxecto busca novos espazos para a comunicación e pon de manifesto como un mal uso dos nosos órganos sensoriais pode formentar a violencia e a frialdade nas relacións humanas.
Nos case dez anos de traxectoria de Experimentadanza, a compañía ten posto en escena diversos espectáculos entre os que cabe destacar, ademais de Picasso. A ollada nas mans”, O terceiro sorriso, Espazos rotos ou Cerebro, artes, acción.
Facebook
experimentadanza@yahoo.es
663 30 17 65