AVISO LEGAL E POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Condicións Xerais
Cumprindo o establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, entre outras, a continuación indícanse os datos de información xeral deste sitio Web.
INFORMACIÓN XERAL
Artefeito Sociedade Cooperativa Galega (en diante, “Artefeito”) é unha cooperativa de nacionalidade española, domiciliada na Rúa Tomiño, 18, planta 3 dereita (15703) Santiago de Compostela (A Coruña) con C.I.F. número F70586763 e inscrita no Rexistro de cooperativas de Galicia.
O presente Aviso Legal regula o acceso e uso por parte de calquera persoa (en diante, o “Usuario”) das páxinas que integran o dominio Web [http://www.somosinclusion.
Ao entrar nesta Web, estás a aceptar actuar baixo as normas publicadas nese momento.
OBXECTO
O contido desta Web (incluíndo, sen carácter limitativo, informacións, comunicacións, software, fotos, debuxos, audio, vídeos, gráficos, música, sons, imaxes, arquivos de texto e outros materiais e servizos) é propiedade de Artefeito ou foi obxecto de licenza ou cesión por subministradores de contido independentes.
Artefeito poderá efectuar cantas modificacións técnicas sexan precisas para mellorar a calidade, rendemento, eficacia do sistema e conexión a redes temáticas ou Internet.
Artefeito reservase o dereito de modificar a información contida na Web sen previo aviso.
Artefeito está especialmente eximida de responsabilidade por deficiencias de servizo imputables ao centro servidor ou redes de conexión, así como polos danos que calquera virus informático puidera causar.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Conforme ao establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos, Artefeito advirte que non recolle datos de carácter persoal a través desta Web.
LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLE
Para a resolución de calquera conflito que puidera derivarse do acceso á páxina Web, a persoa usuaria e Artefeito acordan someterse expresamente aos xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela (España), con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.