Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Festival BRIÓN Inclúe

Share Project :

Festival BRIÓN Inclúe

O Festival BRIÓN Inclúe propuxo a cultura libre de barreiras como protagonista. Ofertou unha ampla programación pensada e estudada para a inclusión transversal, na que a cidadanía gozou de actividades culturais de calidade, normalizando e dando visibilidade á discapacidade. As persoas con outras capacidades foron as protagonistas e creadoras de toda esta oferta cultura na que as familias puideron vivir a integración real, o acceso integral á cultura e os beneficios que isto aporta. Entre as actividades presentadas destacan: o contacontos en linguaxe de signos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas, a representación teatral “Circo da Diversidade” da Asociación Con Eles, a danza-teatro “Torre de babel” da Cía 5.S ou o concerto de XeRock, entre outras.