Grupo de teatro de Sarela
O Grupo de Teatro de Sarela botou a andar no ano 2013 a partir dun obradoiro de teatro que, nun principio, era unha actividade interna da asociación para as persoas con dano cerebral usuarias dos seus servizos. A implicación e motivación destas persoas fixo que, por iniciativa dunha persoa voluntaria e das profesionais que o coordinaban, Sarela se propuxera levar ese traballo aos escenarios.
O 21 de xuño de 2013 estrouse a súa primeira obra, Sarela Televisión. Seguíronlles Sarela en camiño (2014), En Sarela non hai quen viva (2015), Sarela e a fábrica de chocolate (2016), Amar en tempos de Sarela (2017), Neflis Sarela (2018) e Sarela 211 (2019). A obra de 2020, coincidindo co 20 aniversario da entidade, quedou en suspenso debido á pandemia da Covid-19.
O grupo de teatro está formado por persoas con dano cerebral pero nas representacións de cada ano tamén participan familiares, persoas voluntarias e profesionais. A preparación de todos os elementos da mesma, desde o textos até o vestiario, escenografía e material audiovisual é creado en Sarela. A elección da temática, sempre en clave de humor, e o desenvolvemento das tramas faise de forma colectiva e, aplicando o principio de autodeterminación, a participación das persoas usuarias é sempre voluntaria.
Hoxe a obra de teatro converteuse nun complemento terapéutico máis en Sarela ao contribuír ao desenvolvemento persoal das persoas que participan dela. Traballar na súa representación promove a autoconfianza, descubre cambios nas habilidades e aptitudes dos/as participantes, mellora as relacións sociais, a comunicación e a cooperación. Individualmente trabállanse aspectos relacionados, por exemplo, coa logopedia (ao ter que esforzarse en vocalizar, proxectar a voz etc) ou cognitivos como a memoria, a atención etc.
Outro dos obxectivos é demostrar que, con independencia das capacidades, dando a oportunidade e cos apoios e adaptacións axeitadas, calquera pode subir a un escenario. Sarela contribúe deste xeito a fomentar a conciencia social e a igualdade de oportunidades. Por último, a obra de teatro tamén supón un grande beneficio desde o punto de vista asociativo porque fortalece a convivencia ao ser un momento de encontro de todas as persoas que forman a entidade. O 21 de xuño de 2013 estrouse a súa primeira obra, Sarela Televisión. Seguíronlles Sarela en camiño (2014), En Sarela non hai quen viva (2015), Sarela e a fábrica de chocolate (2016), Amar en tempos de Sarela (2017), Neflis Sarela (2018) e Sarela 211 (2019). A obra de 2020, coincidindo co 20 aniversario da entidade, quedou en suspenso debido á pandemia da Covid-19.
O grupo de teatro está formado por persoas con dano cerebral pero nas representacións de cada ano tamén participan familiares, persoas voluntarias e profesionais. A preparación de todos os elementos da mesma, desde o textos até o vestiario, escenografía e material audiovisual é creado en Sarela. A elección da temática, sempre en clave de humor, e o desenvolvemento das tramas faise de forma colectiva e, aplicando o principio de autodeterminación, a participación das persoas usuarias é sempre voluntaria.
Hoxe a obra de teatro converteuse nun complemento terapéutico máis en Sarela ao contribuír ao desenvolvemento persoal das persoas que participan dela. Traballar na súa representación promove a autoconfianza, descubre cambios nas habilidades e aptitudes dos/as participantes, mellora as relacións sociais, a comunicación e a cooperación. Individualmente trabállanse aspectos relacionados, por exemplo, coa logopedia (ao ter que esforzarse en vocalizar, proxectar a voz etc) ou cognitivos como a memoria, a atención etc.
Outro dos obxectivos é demostrar que, con independencia das capacidades, dando a oportunidade e cos apoios e adaptacións axeitadas, calquera pode subir a un escenario. Sarela contribúe deste xeito a fomentar a conciencia social e a igualdade de oportunidades. Por último, a obra de teatro tamén supón un grande beneficio desde o punto de vista asociativo porque fortalece a convivencia ao ser un momento de encontro de todas as persoas que forman a entidade.
- Entidade:Sarela. Asociación de Dano Cerebral de Compostela
- Enderezo:
- Categorías:
- Compartir: