Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Sarela. Asociación de Dano Cerebral de Compostela

Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve o seu labor fundamentalmente nos 42 concellos que configuran a área sanitaria de Santiago e Barbanza. O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é a lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que, nacendo sen ningún tipo de dano no cerebro, sofren unha lesión nun momento posterior da súa vida. As causas principais son o ictus, os traumatismos cranioencefálicos, a falta de osíxeno, infeccións etc.

Sarela ten a súa sede e centro de atención no barrio do Castiñeiriño e nel presta os servizos de información e orientación a familias, atención diúrna terapéutica (centro de día), rehabilitación especializada, terapia acuática e orientación laboral.

Os seus obxectivos fundamentais son promover a defensa conxunta dos dereitos destas persoas e familias; a súa integración e normalización social, e o seu coidado, asistencia e protección. Entre os fins principais da asociación tamén están os de orientación e información así como o de prevención do DCA e os seus efectos. Actualmente a súa base social está formada por case 600 persoas entre socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e profesionais, que traballan para acadar a misión de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e a das súas familias.

www.sarela.org
sarela@sarela.org
981 577 037
Rúa Pedro Cabezas González, 3
15702 (Santiago de Compostela)