Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Espectáculo teatral e curtametraxe Reflexos

Share Project :

Espectáculo teatral e curtametraxe Reflexos

Dende Aspanane desenvolven, dende hai catro anos, un taller de teatro semanal para os seus usuarios e as súas usuarias. A intención era empoderar as persoas con diversidade funcional, vendo sempre o teatro como unha ferramenta pedagóxica. É un xeito tamén de empregar a arte cómo vía para a sensibilización da sociedade. Así, a través das representacións teatrais, ademais de mellorar as habilidades individuais, conséguese loitar por un mundo máis xusto, igualitario e sen estigmas. Este grupo de teatro realizou varias representación ao principio do 2020, mais tiveron que parar por mor da pandemia. Pero tamén afrontaron iso como unha oportunidade e empezaron a traballar tamén coas redes sociais. Desa oportunidade saiu outra, a de crear o seu propio proxecto audiovisual, que levará por nome Reflexos e no que trasladarán a aprendizaxe do teatro ás pantallas.

  • Entidade:ASPANANE
  • Enderezo: Rúa Lavandeiras, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro, Lugo // Avda. Ramón Canosa s/n, 27863 Celeiro-Viveiro, (Lugo)
  • Categorías:
  • Compartir: