Espacio artístico integral
O programa artístico integral está formado polo taller de danza, o taller de música e o taller plástico-visual, todos eles para persoas con capacidades diferentes. Está pensado como formación complementaria dentro da educación de cada alumna ou alumno. A música, a danza e a plástica proporcionan ferramentas de expresión, de comunicación e de desenvolvemento personal e social que favorecen a calidade de vida. Dentro da música, por exemplo, realizanse dúas vertentes: a educación musical adaptada e as animación musicais para persoas con maior discapacidade, para que poidan incorporar a música á sua vida. Ademais, os talleres artísticos non só teñen un aspecto terapéutico, senón que tamén contan cunha vertente artística e estética que traspasa as aulas de traballo.
- Entidade:Fundación Igual Arte
- Enderezo:
- Categorías:
- Compartir: