Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

IGUALARTE

A Fundación Igual Arte é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu no 2002, un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con capacidades diferentes. Entenden que a arte é un dereito que nos pertence a todos, a través da que nos podemos expresar, comunicar ou transmitir sensacións. É unha escola artística integral que foi dando pequenos pasos cara á normalización da educación artística con rapaces con necesidades educativas especiais, facendo espectáculos, visibilizando o seu traballo na rúa, normalizando as súas clases durante a semana. Na actualidade teñen máis de 100 alumnos e diferentes compañías actuando por toda a península.

Contan cun centro de día, cun centro ocupacional e cun completo programa artístico. O centro de día é un servizo especializado que ten por misión mellorar a calidade das persoas con discapacidades psicofísicas, promovendo o seu desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades. Pola súa banda, o centro ocupacional ten como obxectivo principal a formación artística e a especialización nas diferentes áreas de traballo. Teñen unha compañía de danza, un grupo de música moderna, un grupo de música tradicional e o colectivo Diseñatas. Por último, contan con varias actividades encadradas dentro do programa artístico integral, onde participan 90 rapaces da provincia de Pontevedra dende os tres anos de idade. Contan con música, expresión plástica, expresión corporal e outras actividades.

https://fundacionigualarte.com
fundacion_igualarte@hotmail.com
886 13 20 56
Rúa Palencia, 34
Vigo, Pontevedra