M.I.P Músicas inclusivas e participativas
O proxecto Músicas inclusivas e participativas, da Asociación Tres por Cuatro, cada ano conta con unha nova edición. Nace da colaboración da entidade co musicoterapeuta Robert Pier, quen é en gran medida o creador do contido e o que imparte esta iniciativa tan inclusiva. Traballan a música a través do canto, a guitarra e a percusión menor. Forman parte destes obradoiros diferentes entidades sociais, e están abertos a todos aqueles colectivos que traballen con persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social. A finalidade é que todas as persoas, estén na situación que estén, poidan participar activamente en proxectos culturais.
- Entidade:Asociación cultural Tres por cuatro
- Enderezo:
- Categorías:
- Compartir: