Obradoiro de teatro Adisbismur
O obradoiro de teatro Adisbismur está dirixido aos usuarios e usuarias do centro, todas elas con diversas discapacidades: sensorial, física, intelectual ou enfermidade mental. O obxectivo deste taller é conseguir que os usuarios e usuarias aprendan a desinhibirse e logren expresarse libremente ao tempo que desenvovlen a imaxinación e a creatividade. É unha maneira de fomentar o seu desenvolvemento persoal e social e adoitan conseguir unha maior autonomía. Traballan no obradoiro de teatro, impartido por unha monitora do Centro de Recursos, dous días á semana, en tres quendas, para dar pé á participación de varios grupos.
- Entidade:Adisbismur (Asociación de persoas con discapacidade da bisbarra de Muros)
- Enderezo:
- Categorías:
- Compartir: