Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Adisbismur (Asociación de persoas con discapacidade da bisbarra de Muros)

A Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros, Adismirbur, foi creada en xuño do ano 1982 como unha entidade sen ánimo de lucro. A súa finalidade é a integración e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, para o que contan co Centro Ocupacional Prelaboral de Valadares e ao longo de toda a súa existencia promoveron a creación de varios centros de traballo para persoas con discapacidade.

Adisbismur promove a igualdade de oportunidades e a inclusión social das persoas con discapacidade por medio da formación, a información, o emprego, a saúde, a accesibilidade universal, o ocio e o tempo libre e o asesoramento.

Teñen servizo de fisioterapia, educación social, terapia ocupacional e logopedia. Ademais, crean e imparten diferentes talleres, como o de cerámica, o de cestería ou o de viveirismo, que axudan tamén a aprender un oficio e mellorar habilidades laborais. Por outra banda traballan para mellorar as habilidades sociais dos seus usuarios, para o que teñen talleres de teatro, de musicoterapia e de animación á lectura. Actividades que poden enriquecer moito a nivel persoal e ademais animan a traballar en grupo. Tamén se centran en promover a alfabetización, que sen dubida é fundamental para traballar a seguridade e a autoestima. A todo isto habería que sumar tamén actividades deportivas  e informática.

Entre estas actividades, destaca pola súa vontade de sumar arte e inclusión, o obradoiro de teatro.

http://www.adisbismur.es
info@adisbismur.es
981764377
Rúa Rosalía de Castro, 30
15250 Muros (A Coruña)