Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

ASPANANE

Aspanane foi constituída para traballar de forma global coas persoas adultas con discapacidade intelectual, para conseguir a súa integración na sociedade. Pretenden mellorar a calidade de vida das persoas usuarias e das súas familias e os principais valores que representan son a defensa dos dereitos, o respeto á dignidade das persoas, a proximidade, a honestidade e a calidade. Contan cun centro de día e cun centro ocupacional.

No centro de día dispoñen de talleres de estimulación sensorial, novas tecnoloxías, expresión corporal ou habilidades prealaborais, entre outros. Pola sua banda, no centro ocupacional teñen talleres de madeira, cerámica, xornalismo, serigrafía e outras técnicas laborais. Ademais, de xeito conxunto para ambos centros, levanse a cabo actividades deportivas, talleres de horticultural, fisioterapia… e contan cun xornal propio de Aspanane.

https://www.aspanane.org
info@aspanane.gal
982 56 30 83
Rúa Lavandeiras, s/n, 27863
Celeiro-Viveiro (Lugo)

Avda. Ramón Canosa s/n
27863 Celeiro-Viveiro (Lugo)