Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

DJ Inclusivo

Share Project :

DJ Inclusivo

DJ Inclusivo emprega a música para traballar coas emocións, tamén a través do baile. O seu propósito é impulsar o traballo en equipo, a creatividade coas sesións de DJ e máis coa produción de minipodcast, e o manexo das novas tecnoloxías. Para isto, lévanse a cabo talleres formativos, ademais de realizar un proceso de difusión da experiencia creativa a través das plataformas online e un evento final a modo de festival. A actividade está destinada, principalmente, a colectivos con algún tipo de diversidade funcional intelectual e/ou a colectivos en risco de exclusión social. Deste xeito, o fin último do proxecto é promover a integración das persoas participantes no ámbito profesional mediante o acompañamento, a mediación e a contratación como DJs en eventos tanto públicos como privados.