Asociación Cultural Negus
A Asociación Cultural Negus xorde no ano 2001 para achegar “a cultura dos pobos”, tal e como o denomina a organización, a través da música e doutras manifestacións artísticas. O seu principal obxectivo consiste en promover e difundir a cultura nun sentido amplo, ofrecento espazos á artesanía, á pintura, á danza e á música. Traballan con moi diversas disciplinas artísticas. Porén, a meirande parte do seu traballo está enfocado cara a esta última. Enfocan o seu traballo, sobre todo, ás músicas de raíces, ás músicas do mundo, ás jamaicas e á fusión, indo dende os ritmos máis clásicos ata os sons máis actuais.
Participaron en numerosos festivais, entre os que destacan o Foundation Reggae Festival (2001/2013), o Concurso Galego de Reggae (2005/2013), o European Reggae Contest (2009) ou o Bless Festival (2017/2020).
A inclusión protagoniza un proxecto que desenvolven en colaboración coa Fundación Emalcsa no marco da IV Convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva: DJ Inclusivo.
taller.dj.inclusivo@gmail.com
Rúa Ultramar 3, CP. 15011. A Coruña