Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Contacontos en Lingua de Signos

Share Project :

Contacontos en lingua de signos

Os contacontos en lingua de signos nacen na FAXPG como unha actividade co obxectivo de dar visibilidade ao colectivo de persoas xordas e á lingua de signos. Segundo a federación, os contos son un xeito de transmitir valores, así como a existencia doutras culturas, colectivos e linguas. Por iso, levan a cabo esta actividade, coa que tamén queren fomentar o rexeitamento de calquera tipo de discriminación, o recoñecemento das diferenzas interpersoais e o fomento do interese pola lectura, polos contos e pola aprendizaxe de diversas formas de comunicación.