Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), formada por sete asociacións, traballa no desenvolvemente de accións e programas co obxectivo de reivindicar a situación das persoas xordas ante as Administracións e a sociedade en xeral, esixindo como prioritario o dereito para expresarse na súa propia lingua e o acceso á información e formación a través da mesma. Nas súas máis de catro décadas de historia, a FAXPG levou a cabo numerosos proxectos co fin de mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas xordas, contando a día de hoxe además co recoñecemento EFQM +400 polo seu sistema de xestión.
A FAXPG presta diferentes servizos que se poden dividir en distintas áreas: accesibilidade e eliminación de barreiras de comunicación, formación da autonomía persoal e familiar, formación para o emprego e inserción laboral, atención a colectivos específicos en situación de exclusión, sensibilzación e orientación educativa e formación en Lingua de Signos.
Traballan a arte e a inclusión a través dos contacontos en lingua de signos.
www.faxpg.es
faxpg@faxpg.es
981 16 93 36
Félix Estrada Catoira, 3 Baixo Dta.
CP. 15007 (A Coruña)