Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Grupo de teatro Axóuxere

Share Project :

Grupo de teatro Axóuxere

O grupo de teatro Axóuxere, formado por 12 persoas adultas con síndrome de down e/ou outras discapacidades intelectuais de entre 20 e 40 anos, nace dentro do programa de “Expresión Corporal” co obxectivo de traballar a comunicación, a linguaxe non verbal, a transmisión de emocións e as relacións interpersoais dos/as participantes. Axóuxere permite ás persoas que integran o proxecto reflexionar sobre temáticas importantes na vida das persoas do grupo, incluso crear pezas propias a través destes temas. Ademais, exploran as características do microteatro e diversas técnicas artísticas. O proxecto divide o seu proceso creativo en tres partes: interiorización e busca de temáticas relevantes, creación artística e ensaio e interiorización, que se traballan os sábados durante dúas horas nunha xornada estruturada en liña crecente e progresiva de traballo físico-expresivo corporal. Seguindo esta rutina, en 2020, prepararon e ensaiaron a obra Lúas de Nácara, que, por desgraza, non puido estrearse por mor da crise sanitaria.