Festival de Teatro Valacar (FTV)
O Festival de Teatro Valacar (FTV) nace co obxectivo de atraer unha nova proposta e alternativa cultural e teatral á cidade da Coruña. Trátase de crear unha ferramenta de visibilidade e integración do colectivo de persoas con discapacidade visual a través do teatro, de xeito que se propón como un escaparate para enriquecer a cidadanía cultural e humanamente. Para levar a cabo este propósito, o festival realízase unha vez ó ano durante o mes de novembro no salón de actos da sede da ONCE, convertindo esta nunha Sala de teatro Alternativa e Intermitente. Dentro deste proxecto recóllese tamén o Premio FTV, outorgado a persoas, empresas, ONGs e entidades públicas/privadas que destaquen pola súa traxectoria a prol da integración nas artes escénicas de persoas con diversidade funcional.
- Entidade:Teatro Valacar
- Enderezo:
- Categorías:
- Compartir: