Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

ACEESCATRO

Share Project :

ACEESCATRO

Aceescatro é o grupo de teatro de Aceesca. Está formado por 10 persoas usuarias e voluntarias da asociación e forma parte da Rede Galega de Artes Escénicas, o que lle permite abrirse paso na xeografía galega. O seu obxectivo fundamental, definido por Mónica Domínguez Valverde no 2015, é impulsar a inclusión social das persoas con diversidade intelectual. Para acadar este propósito, trabállase a expresión corporal, de sentimentos, emocións, pensamentos, o fomento da creatividade a través da improvisación, a comunicación individual e grupal, o control do corpo e o aumento de autoestima.