Curtametraxe Lilith
Lilith é unha curtametraxe dirixida por Rafael de Ramón Herrera na que participaron como actrices mulleres con discapacidade intelectual. Esta enmarcada no Programa de Muller de FADEMGA Plena inclusión Galicia, financiado pola Xunta de Galicia. As actrices escenificaron momentos e situacións ás que teñen que enfrontarse no seu día a día. Pódese dicir que Lilith é unha achega á realidade das mulleres con discapacidade intelectual, unha antoloxía de relatos que abordan dende unha perspectiva poética as dificultades, a intolerancia e a discriminación que sofren no seu día a día. O proxecto será difundido por redes sociais no vindeiro ano e foi presentado a festivais de cine.
- Entidade:Fademga Plena Inclusión Galicia
- Enderezo:
- Categorías:
- Compartir: