Fademga Plena Inclusión Galicia
Teñen servizo de atención temperá, de intermediación para a inserción socio-laboral e de apoio para o desenvolvemento profesional e social en centro especial de emprego. Ademais, tamén na área laboral, contan con servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social en empresa convencional e outras modalidades. Tamén consideran fundamental o apoio ás familias e nesa liña contan con programas variados. Teñen tamén servizo ocupacional, servizo de atención de día e servizo de apoio á vida independente. Na área de vivenda contan con diferentes programas dedicados a facilitar a vida diaria dos usuarios e usuarias. E, por suposto, levan a cabo labores de diagnóstico, seguemento, avaliación, planificación e coordinación. Por último, tamén teñen servizo de titela e actividades de ocio, entre as que se enmarca a curtametraxe Lilith.
https://fademga.plenainclusiongalicia.org
fademga@fademga.org
981 51 96 50
Rúa Vía Pasteur 53 A. Polígono do Tambre.
15890 (Santiago de Compostela)