Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Grupo de teatro Andaina PSM

Share Project :

Grupo de teatro Andaina

A actividade de teatro empregase en Andaina dende os seus inicios como un taller creativo e facilitador de habilidades sociais. Participan nela tanto persoas con discapacidade como sen ela, un feito que reflicte perfectamente a posibilidade da existencia dun mundo completamente inclusivo. Ademais, o teatro emprégase como ferramenta para impulsar a desestigmatización das enfermidades mentais. Dende a creación do grupo representaron xa varias obras.  Pasaron por distintos concellos onde traballa Andaina e as montaxes foron distribuidas nos Circuitos Culturais da Deputación de A Coruña.Tamén participaron en festivais de teatro afeccionado como Vedra, Teo, Ames e Muros. As temáticas das representación son elixidas a conciencia coa finalidade de concienciar e acadar por fin a inclusión plena.

  • Entidade:ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL
  • Enderezo:Emilia Pardo Bazán, nº 14 C.P. 15680. Ordes (A Coruña) / Lugar de Vigo, nº 138 (A Paxareira). C.P. 15981 Dodro (A Coruña)
  • Categorías:
  • Compartir: