Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

Andaina Pro Saúde Mental naceu no ano 2010 para cubrir un baleiro que existía na atención global ás persoas con problemas de saúde mental das zonas rurais próximas a Santiago de Compostela. A entidade intenta facilitarlle o día a día aos enfermos e ás súas familias, con apoio e recursos.

Contan con dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (C.R.P.L.) nos que ofrecen unha atención diúrna e multidisciplinar. Ademais, teñen un Centro Especial de Emprego (C.E.E.) para elaborar bebidas fermentadas e zumes. Con todo isto, ofrecen diferentes servizos que cubren todos os ámbitos de traballo.

Ofrecen información, orientación e asesoramento a enfermos e familiares e contan un con servizo de rehabilitación psicosocial e formación prelaboral. No caso de persoas con dificultade de movemento, teñen atención no domicilio e, de ser posible, fomentan o traballo en comunidade con actividades diversas como o grupo de teatro.

andainapsm.org
En Facebook
andainapsm@gmail.com

Ordes: 981 076 405 / 698 149 915
Emilia Pardo Bazán, nº 14 CP. 15680. Ordes (A Coruña)

Dodro: 981 802 078 / 650 270 824
Lugar de Vigo, nº 138 (A Paxareira) CP. 15981 Dodro (A Coruña)