Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

San Xerome de A Guarda

A Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda é unha organización promovida por nais, pais, familiares e amigos de persoas con diversidade intelectual que procura falicitar a este colectivo e ás súas familias apoio e servizos profesionalizados que favorezan o seu crecemento persoal, integración socio-laboral, igualdade de oportunidades, desenvolvemento comunitario e inclusión. Para acadar isto, procúrase potenciar relacións interpersoais, tecer redes de confianza e vínculos que xeren complicidade a través da priorización das emocións, non da intervención relacionada co diagnóstico. 

Contan cun centro educativo para a vida e o crecemento persoal, cun servizo a persoas adultas para facelas protagonistas da súa propia vida, co Centro de Educación Especial San Jéromino Emiliani e co Club Deportivo, onde se busca acadar o equilibrio emicional e social. Entre as actividades que desenvolven, salientan o Vivero Sanxe, adicado á produción sostible; XerHorta, adicado á horticultura ecolóxica innovadora; e XeRock, enfocado na música e a diversidade.

www.sanxerome.com
Facebook
correo@sanxerome.com
986 61 37 19
Avenida de Galicia, 23, 36780
A Guarda (Pontevedra)