Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

XeRock

Share Project :

XeRock

XeRock é un proxecto de reivindicativo e terapétutico onde conflúen a música e a loita polos dereitos das persoas con algún tipo de diversidade funcional de tipo intelectual. Naceu como unha banda de rock que derivaba das inquietudes, intereses e capacidades musicais que amosaban algunhas persoas usuarias do Servizo de Persoas Adultas do Centro San Xerome da Guarda. Co paso do tempo, o proxecto foi asumindo unha faceta máis terapéutica para estas persoas, que comezaron a facer xiras, a gravar discos e a gañar recoñecemento. Hoxe, XeRock grava o seu último traballo (Conspiración) cun cento de concertos ás súas costas e protagoniza un novo documental.