Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Grupo de teatro Fundación Down Compostela

Share Project :

Grupo de teatro Fundación Down Compostela

O grupo de teatro da Asociación Down Compostela ten como obxectivo principal fomentar a inclusión social e o desenvolvemento de habilidades sociais, autonomía e independencia para xestión, goce e participación activa en actividades culturais de rapaces e rapazas con síndrome de down e outras capacidades. Cada ano, os e as participantes ensaian e preparan a representación dunha obra que logo se estrea e representa para o público en xeral. As persoas voluntarias da organización colaboran tamén na produción destas obras, moitas das cales son adaptadas e outras tantas, inéditas.