FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA
Traballan dentro do Servicio de Promoción de la Autonomía Personal (SEPAP) que recolle o artigo 15 da Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en Situación de Dependencia. Fano con programas e actividades que prestan atención integral ás persoas con discapacidade, co obxectivo de asegurar a súa autonomía para a vida e que poidan tomar as súas decisións propias.
Outros dos seus proxectos e actividades son Isto é vida, enfocado na vida independente; Re-cre-arte no lecer, sobre o achegamento aos contidos culturais das persoas con discapacidade; Grupo de Teatro Down Compostela, co obxectivo de fomentar a inclusión social dos rapaces e rapazas; así como actividades vinculadas á integración escolar, inclusión socio-laboral, lecto-escritura, logopedia e linguaxe, novas tecnoloxías, autonomía, psicomotricidades, e un longo programa de actividades para familias.
downcompostela.org
fundacion@downcompostela.org
981 56 34 34