Danzaterapia e psicodanza
Os cursos de danzaterapia e psicodanza da Asociación Pelouro Axeito van dirixidos ás persoas con e sen dificultades que queiran adentrarse no mundo do movemento, na expresión corporal, na danzaterapia e na psicodanza. Consisten en utilizar a danza como canle expresiva que propicia as relacións interpsíquicas, ferramenta que canaliza as relacións no ámbito persoal e sociocultural xunto á función primoridal de superación e enriquecemento individual. Nestes cursos trátase de transmitir como o movemento activa o campo emocional liberando emocións e xerando un estado de benestar no nosos corpo. Para chegar a estes obxectivos, trabállase a relaxación, a improvisación, o uso do espazo, a comunicación non verbal, as diversas calidades de movemento que podemos empregar e a sensibilización corporal a través da música e das técnicas de quencemento muscular.
- Entidade:Asociación Pelouro Axeito
- Enderezo:
- Categorías:
- Compartir: