Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Asociación Pelouro Axeito

Asociación Pelouro Axeito é unha entidade de iniciativa social que fomenta a integración de persoas con necesidades educativas especiais, dende o campo educativo terapéutico, formativo e integrador mediante a acción sociopsicoeducativa pedagóxica. O seu principal obxectivo é favorecer que o alumnado se sitúe no seu potencial de desenvolvemento. Busca o estímulo a través do sentimento do eu propio como transformador das cousas, sendo persoas creativas e acadando o desenvolvemento integral. Trátase, por tanto, de fomentar actividades impartindo talleres e cursos que, ademais de competencias e destrezas básicas, fomenten a transición cara a vida laboral e adulta e a integración social. 

A asociación realiza cursos con parte teórica e práctica de investigación, acción e desenvolvemento de capacidades e potencialidades. Nestes obradoiros trabállase dende a área física, a área cognitiva e a emocional, dende a construción do eu como proceso terapéutico e a aprendizaxe da tarea en si mesma. Fan danzaterapia, teatro, cine, pintura, música, hostalería, teares, estampado, coach, permacultura e xardinería, arteterapia e artes plásticas, máscara veneciana, restauración do moble galego, marquetería e actividades culturais, entre outras. Todas elas enfocadas sempre cara a preparación para o campo da formación pre-laboral e para tránsito cara a vida adulta, tratando de prever o risco de exclusión social.

986 62 90 24
Rúa dos Baños 81, 36721
Caldelas de Tui, (Pontevedra)