Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

ASOCIACIÓN PROXECTO MÁSCARAS

A asociación Proxecto Máscaras (APM) é unha entidade de carácter cultural, social, educativo e de fomento da investigación que nace oficialmente en 2014 aínda que levaban xa anos traballando.  Tal e como recollen os seus estatutos, a súa misión é desenvolver e impulsar proxectos que, tomando como base a potencia do audiovisual, fomentan a educación e a participación como medida para a innovación social, a ruptura de estereotipos sobre a normalidade e as capacidades das persoas e a integración da diversidade no espazo público. Traballan con arte audiovisual, pedagoxía autoorganizada e ferramentas de desenvolvemento de habilidades e capacidades. Queren así impulsar contextos e contar esas novas realidades que xa existen pero que necesitan ser narradas.

Impulsan e potencian campañas de difusión da experiencia e valores aprendidos coa película Máscaras, que dou nome á entidade. Tamén desenvolven accións de asistencia e formación que potencien a visibilidade social das persoas e entidades que traballan no ámbito da integración, especialmente dos colectivos desfavorecidos. Deseñan e impulsan novos proxectos audiovisuais, propios ou en colaboración con outras organizacións e elaboran contidos pedagóxicos e talleres para a “integración pola naturalidade” como por exemplo Un día de Cine.

A maiores, establecen diálogo con fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a integración, a diversidade e a participación cidadá. Impulsan e colaboran en iniciativas que fomenten novos modelos de participación social e canles de financiamento para súa viabilidade, entre eles as microdonacións ou mecenado. E, por úlitmo pero non por iso menos importante, favorecen o desenvolvemento audiovisual e a innovación nos procesos de integración e acción voluntaria.

proxectomascaras.com
asociacion@proxectomascaras.com
622 195 832
Rúa José Mª Hernansáez, 44 – 6
CP.15009 (A Coruña)