Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Prodeme

A Asociación Prodeme nace co obxectivo de ofrecer servizos ás persoas con discapacidade intelectual para potenciar as súas capacidades e mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias. Está declarada de utilidade pública por acordo do Consello de Ministros do día 7 de setembro de 1983 e o seu traballo pon o foco en impulsar a autodirección e a participación, así como en solucionar parte das necesidades das persoas con discapacidade intelectual. Na actualidade, xestiona a vivenda de 90 persoas con algún tipo de diversidade, conta cun Centro Especial de Emprego e ofrece talleres de carnicería, albañilería, escayola, limpeza, cociña explotación agropecuaria. 

Participa na Liga Popular de Fútbol-Sala organizada pola Asociación Cultural Castelao e en maratóns e carreiras populares, como a Carreira Popular de Monforte de Lemos ou os Special Olympics Galicia. Tamén nas Ligas Intercentros de baloncesto e fútbol sala, nos campionatos autonómicos ou nos campamentos de verán, entre outros. Entre as actividades culturais, destacan o Certame Municipal de Teatro e o Entroido.

www.prodeme.org
prodeme@hotmail.com
982 40 36 06
Carr. del Canal
27400 Monforte de Lemos, (Lugo)