Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Poten100mos

Poten100mos traballa para o desenvolvemento persoal e a inclusión social e laboral de persoas en situacións de vulnerabilidade física, psicolóxica e/ou social. A asociación fomenta o empoderamento e a participación, fuxindo do enfoque de asistencia, ofrecendo unha alternativa ás formas tradicionais de inclusión social cun proxecto innovador centrado na mellora persoal a través do impulso das habilidades sociais e intelixencia emocional, entre outros aspectos. 

Con todo isto, traballan cara asegurar a integridade das persoas, o respecto e a estabilidade socioeconómica e igualdade de oportunidades. Buscan promover o cambio e a educación social para a normalización das relacións sociais con todas as persoas nunha situación de exclusión.

Os proxectos máis destacados dentro da actividade de Poten100mos atópanse dentro da Plataforma DiversidArte, un espazo creado para a promoción, produción e difusión da arte dende as persoas con diferentes diversidades intelectuais, físicas, psíquicas e sensoriais, ou personas en situación e risco de exclusión social. Dentro da plataforma atopamos, entre outros proxectos e actividades, os proxectos Páxina web accesible; Taigeto, Sueños y Normalidad; exposicións e galerías de artes plásticas; metaMorfosis, unha representación teatral inspirada en Las Metamorfosis de Ovidio e que trata temas de actualidade como a migraicón, a diversidade funcional, sexual, etc; e o festival DiversidArte, que celebra a xuntaza das diferentes disciplinas artísticas en camiño da inclusión.

poten100mos.org
info@poten100mos.com

625 12 62 35

C/Costa da Unión 9, Primero IZQ, 15005, (A Coruña)