Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Espectáculo teatral: O inspector

Share Project :

Espectáculo teatral: O inspector

O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actrices e actores, na súa maioría cunha discapacidade visual, dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido por Tito Asorey. O espectáculo conta con escenografía deseñada e realizada por José Faro “Coti" e con vestiario deseñado pola artista ourensá Sandra Varela e elaborado por Carlos Alonso. Pola súa parte, o deseño gráfico é obra de José Lameiras e a fotografía de Lucía Estévez. A axudantía de dirección é de Melania Cruz e a versión, iluminación e dirección, de Tito Asorey. O Inspector foi estreada en 2018 e dende entón percorreu cidades como Ourense, Padrón, Carballiño, Viveiro, Allariz, Ferrol, Muros, Santiago de Compostela, entre outras moitas. Grazas a esta traxectoria, foi destacada en 2018 como Premio do Xurado e Premio do Público no Festival de Teatro Terras de Orcellón. Foi elixida, tamén, pola comisión nacional de teatro ONCE para clausurar a Bienal de Teatro ONCE celebrada en Extremadura no 2019.

  • Entidade:Teatro Muxicas
  • Enderezo:Rúa Alameda do Cruceiro, 9, 32003, Ourense (sede ONCE Ourense)
  • Categorías:
  • Compartir: