Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Fundación Emalcsa

A Fundación Emalcsa está constituída polo Concello de A Coruña e a súa empresa pública municipal Emalcsa. Traballa dende o 2012 para axudar a crear unha sociedade mellor, desarrollando proxectos propios ou colaborando con outras entidades. Incide en diferentes áreas: cultura inclusiva, integración social e deporte solidario. Dende a súa constitución beneficiaronse dos seus servizos, máis de 420.000 persoas. O obxectivo final é acadar un maior desenolvemento social, educativo, ambiental e cultural.

A actuación da Fundación Emalcsa divídese en tres grandes áreas. En primeiro lugar, o programa A Flote, dende o que dan protección a persoas en situación de dependencia ou vulnerabilidade mediante integración ou prestacións sociales. Despois, Cultura inclusiva, dende onde se impulsan proxectos que garanticen o pleno acceso á cultura de colectivos con discapacidade ou en risco de exclusión social. E por último, Deporte Solidario, dende onde se desenrolan inciativas que empregan o deporte como de intervención e transformación social.

https://fundacionemalcsa.org
secretaria@fundacionemalcsa.org
981154080
C/ Manuel Murguía, s/n.
Edificio Casa del Agua. Planta 7ª.
15011 (A Coruña)