Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

DOWN LUGO

A Asociación Síndrome de Down Lugo foi constituída en 1996 por un grupo de familiares de persoas con Síndrome de Down comprometidos coa procura de melloras no día a día das persoas afectadas por esta discapacidade. Dende entón, o labor principal da asociación é establecer medidas precisas para garantir a igualdade de oportunidades das persoas con Síndrome de Down e o dereito a unha vida digna nunha contorna de normalidade, a través da provisión de servizos e actividades das que están desprovistos en moitas ocasións.

Para levar a cabo os seus proxectos, seguen dúas liñas de actuación fundamentais. Por unha banda, parten da idea de que todas as persoas temos un papel social que desempeñar e o dereito a unha vida digna. Por outra banda, defenden que todas as persoas con Síndrome de Down coa atención adecuada e con oportunidades progresan no seu desenvolvemento moi por riba do preestablecido.

Destacan dentro do traballo deste colectivo, o conxunto de intervencións que se enmarcan dentro do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP), que conta con seis áreas de actuación: transversal, de atención temperá, de inclusión educativa, de formación e emprego, de vida adulta e independente e, por último, a área complementaria. Todas elas formadas por programa destinados a 72 familias.

Traballan a arte e a inclusión a través do teatro.

www.downlugo.org
downlugo@downlugo.org
982 240 921
Rúa Miguel de Cervantes 34, baixo
CP. 27003 (Lugo)