Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

DEMUSICADE

Demusicade emprega a músixa para mellorar a calidade de vida na infancia, na mocidade e naqueles colectivos desfavorecidos e/ou en risco de exclusión cultural. Achegando a música a estas persoas a través de cursos, escolas, concertos, conferencias e outros formatos contribuen á educación cultural e musical. É unha maneira de empregar a música contra a exclusión cultural. Ademais, estudan en cada recital ou concerto como son as reaccións do público, para adaptalo e ofrecer actividades máis enriquecedoras para as persoas. En cada actividade analizan de xeito minucioso o repertorio, sempre adaptado cos profesionais dos diferentes colectivos cos que colaboran.

A música xera benestar a aqueles que disfrutan dela. Ademais, favorece a comunicación social e potencia a memoria, a autoestima e a serenidade. Por iso os concertos e recitais de Demusicade son tan importantes. Nos últimos catro anos traballaron de xeito ininterrompido con persoas con TEA ou diversas discapacidades intelectuales. Dende hai tres incluiron tamén un proxecto con persoas da terceira idade, tanto en residencias como en centros de día.

En Facebook
demusicade@gmail.com
655217941
Avda. de Arteixo, 91 – Entrchan Dta
CP. 15006 (A Coruña)