Coral Breogán ONCE
Grazas ao traballo de Sabela García, a súa artífice, logra transformarse nunha coral polifónica xa no 2007. A partir de 2017, Pablo M. Carreira, titulado superior en música e pedagoxía, convértese no seu director. A coral ensaia na sede coruñesa da ONCE tres días á semana, onde traballa a educación auditiva e vocal dos/as compeñentes.
A Coral Breogán leva a cabo concertos en todo tipo de ocasións e escenarios. Participou en eventos como o disco Voces na cidade meiga de Ecos do Sur, na campaña solidaria de axuda ao refuxiado da Asociación Aire, no festival de panxoliñas que organiza anualmente o Concello da Coruña, na misa de honra a Rosalía de Castro en Compostela, así como en moitos outros concertos en tódalas cidades galegas, actuacións en residencias de maiores, etc.
ngl@once.es
981 20 69 00
Rúa Cantón Grande, 3
15003 (A Coruña)