Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

ASOCIACIÓN “CON ELES”

A Asociación “Con eles” foi creada por familiares de persoas con discapacidade intelectual co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Ten a súa sede no Concello de Vilagarcía pero dá servizo a usuarios e usuarias de 12 concellos das comarcas de Caldas e O Salnés, onde promoven e organizan actividades de asistencia e de recuperación.

Ofrecen unha atención individualizada a cada usuario ou usuaria, todos eles maiores de idade e con necesidade recoñecida de terceira persoa. Ademais de apoio en todas as actividades e necesidades básicas do día a día, a entidade ofrece servizo de rehabilitación e deporte. Non podía faltar tampouco o ocio, que favorece a integración na comunidade, talleres variados e diferentes actividades destinadas a mellorar o desenvolvemento intelectual e motriz. Entre elas, o teatro.

En Facebook
a.coneles@outlook.com
986 502622
Sobreira, 24 (Urb. O Rial) – 36611 – Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)