Somos Inclusión Somos Inclusión

SOMOS
INCLUSIÓN

Letra normal Letra grande

FALAMOS?

Asociación Cultural Zalaeta

A Asociación cultural Zalaeta é unha entidade sen ánimo de lucro formada por membros da comunidade educativa do IES Ramón Menéndez Pidal: docentes, alumnado e familias actuais e de anos xa pasados. Un dos seus obxectivos é normalizar a convivencia e a integración social das persoas con diversidade funcional, para o que colaboran estreitamente con outras entidades galegas.
Coa música, linguaxe universal e a tecnoloxía, ferramenta de axuda e de comunicación, estruturan o seu proxecto  Deseño e Son de aprendizaxes inclusivas con adolescentes diversos coordinado por Isabel de la Puente e Paz Freire. Promoven tamén actividades musicais como concertos e ensaios inclusivos ou musicoterapia, de  tecnoloxía como o deseño de obxectos de axuda para impresión 3d, de creación de materiais audiovisuais accesibles e de técnicas de xardinería e viveirismo. Procuran poñer en valor elementos da nosa cultura relacionando as actividades coas tradicións, a arte e a literatura. E contan, tamén, con actividades deportivas e de teatro clásico a través do grupo Noite Bohemia.
Todas as actividades coa finalidade da inclusión, pensadas e adaptadas para que ademais da mellora do aspecto físico e intelectual, ninguén quede fóra.

paztecnoloxia.wixsite.com/desenoeson
IES Ramón Menéndez Pidal
Rúa Mª Victoria Fdez-España e Fdez-Latorre 2
CP. 15002. A Coruña